luns, 5 de maio de 2014

Presentación e póster informativo

Elaboramos un pequeno resumo, en forma de presentación e póster, de todos os contidos dados nas prácticas de Novas Tecnoloxías.

A nosa presentación e o noso póster (Se pulsades nos nomes poderedes acceder á ligazón dos documentos)



A nosa webquest Brincadeira!

Nesta páxina web http://4brincadeira.wix.com/brincadeira fixemos unha caza do tesouro centrada no tema dos ecosistemas, na que indagaremos sobre este contido a través de preguntas que terán que ir respostando ata chegar á Gran Pregunta.

Se queredes investigar sobre os ecosistemas de forma máis divertida, non dubidedes en entrar na nosa páxina!

Un saúdo.

martes, 29 de abril de 2014

Entrevista a Richard Gerver de ABC

Aquí vos deixamos unha interesante entrevista a Richard Gerver, profesor británico considerado unha das persoas máis influíntes no ámbito educativo.

—¿Qué requisitos debe reunir una gran escuela?
—Si las escuelas tienen pasión y confianza por lo que hacen, pueden desarrollar el sistema que más se ajuste a sus necesidades. No hay un único método. Aunque compartan algunas características, cada país es único y diferente y debe encontrar lo que funciona para él. Lo que ya no funciona es el sistema educativo que entrena para aprobar exámenes.
—¿Cuáles son las capacidades que tendrán que desarrollar los niños para el futuro?
—No se trata solo de adquirir conocimientos. Es absolutamente necesario que aprendan a resolver problemas, a pensar por sí mismos, a colaborar, a trabajar en equipo, a saber adaptarse a los cambios de forma permanente. Y, sobre todo, a no sentarse a escuchar, sino a seguir aprendiendo conceptos por su cuenta. Las capacidades más importantes que un joven puede tener son las habilidades personales.
—¿Qué papel desempeñará de ahora en adelante el profesor en las aulas?
—Los maestros son, a mi juicio, una de las figuras más importantes de la sociedad. Necesitamos a los mejores. Si no hay educación, no hay futuro. Pero si los profesores quieren respeto, y obtener reconocimiento (social y salarial), tendrán que actuar como profesionales que son. Tendrán que demostrar su coraje. No vamos a ningún lado si solo nos quejamos, tenemos que actuar. Empezar el cambio por nosotros mismos.
—¿Qué percepción tiene del sistema educativo español?
—Está caduco. De hecho, está anclado en la era industrial. No es efectivo para el mundo de hoy, donde se necesitan empleados creativos y capaces de pensar por ellos mismos. El sistema español, donde solo se enseña y se controla, no tiene sentido.

luns, 28 de abril de 2014

Vídeo educativo "Queremos al agua"

Este é o video educativo que desexamos amosarvos. Esperamos que vos guste:


E a continuación uns datos interesantes sobre o vídeo:
O autor deste vídeo educativo, emitido no ano 2005, é Walter Tournier.
Os contidos que trata este vídeo, dirixido a un público infantil, son sobre o Coñecemento do medio natural, social e cultural e a Música.
RELEVANCIA DA INFORMACIÓN: A relevancia deste vídeo é a concienciación sobre a importancia da auga, polo que mediante a información que reciben os nenos e nenas a través deste vídeo chegarán a plantexarse o uso que fan da auga e como poderán melloralo sen necesidade de malgastala. Tamén se consigue que se den conta que a auga pode chegar un punto no que se agote, fenómeno que seguramente non se tiveran plantexado antes.
VALORACIÓN DA BANDA VISUAL: Os persoaxes do vídeo, así como todo o que os rodea, excepto a auga que é de verdade, son feitos con plastilina. Ainda que sexan muñecos animados de plastilina representan unha realidade, coa que os nenos y nenas se poden sentir identificados na súa vida cotiá.
VALORACIÓN DA BANDA SONORA: A canción do vídeo ten unha letra directa que é fácil de comprender, ademais de pegadiza, isto tamén é debido aos instrumentos que a acompañan, instrumentos de percusión e unha guitarra, tendo como resultado unha canción con ritmo latino.
VALORACIÓN DA RELACIÓN IMAXE/SON: A relación entre a imaxe e o son (a canción) é directa, xa que moitas veces non somos conscientes da importancia que ten a agua e ás veces malgastamola, moitas veces coa inocencia dun neno, como se mostra no vídeo.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA: Este vídeo forma parte dunha serie de  once vídeos sobre os dereitos do neno.

luns, 31 de marzo de 2014

As TIC na escola







"Las tecnologías digitales son un hecho inseparable de la vida moderna. No podemos abandonar los medios y las tecnologías digitales en educación y volver a un tiempo más simple y más natural." ( David Buckingham)

Cómpre incorporar as TIC na aula para non desligar a escola cos avances da sociedade, teñen que adaptarse simultaneamente para que haxa un equilibrio sostible. Non se pode entender o mundo de hoxe sen unha pequena cultura informática. Estas tecnoloxías tamén aportan un alto incentivo para o alumnado, xa que poden facer a materia máis interactiva e atractiva, se se lle da un bo uso. É fundamental ensinar un adecuado manexo de esta para o emprego día a día dentro e fóra da escola. Mais esta incorporación non pode ser substitutoria, non nos podemos esquecer de seguir empregando outras ferramentas. Co emprego das TIC, pretendemos que os individuos alcancen o empoderamento a través dunha autoformación ao longo da vida.

Actividade Edilim

Aquí vos deixamos unha sopa de letras sobre os animais para nenos e nenas, creada co programa Edilim.



Actividade Hot Potatoes


Aquí tedes a actividade de Coeñecemento do medio sobre hábitats, só se pode abrir co programa de Hot Potatoes, pulsade aquí para descargala.

Unha mostra da actividade realizada co Hot Potatoes a podedes ver aquí:





sábado, 15 de marzo de 2014

Programas educativos

Destacamos e deixamos o enlace dunha serie de programas educativos:

- Sebran’s ABC, deseñado por Marianne Wartoft é un programa de distribución libre

Sebran ABC’s é un programa educativo destinado á infancia dos primeiros cursos de Educación Primaria, deseñado coma complemento de repaso no ámbito de lectura, matemática e memoria. Hai 12 diferentes exercicios para divertirse aprendendo. 

É compatible co sistema operativo de Windows.
Precisa de rato e teclado.
Ocupa 928 KB
Idiomas: Castelán, catalán, inglés, francés, alemán e moitos máis.



Este programa educativo é de manexo sinxelo, xa que non require de grandes coñecementos informáticos, tan só mover o rato ás imaxes e empregar o teclado. A apariencia é sinxela, ten imaxes e sons moi básicos que fan que sexa un programa claro. O sistema de acerto-erro baséase nun icono de cara sorrinte ou triste, a oportunidade de acertar é ilimitada, xa que podes intertar respostar ata que des coa opción correcta. 



As actividades son bastante simples e concisas, aínda que posúen varios niveis de dificultade. Este programa esta dirixido a un só individuo e resulta un pouco repetitivo despois de utilizalo varias veces. 



Podédelo descargar nesta ligazón: Sebran's ABC



- ZAC Browser, deseñado por People CD Inc. é un navegador de distribución libre.

ZAC Browser é un navegador adaptado especialmente para rapazas e rapaces co Trastorno do Espectro Autista (TEA). Permite o acceso a Internet de maneira sinxela e segura, limitando o contido deste e enfocándoo a contidos de interese coma xogos e actividades educativas.


É compatible co sistema operativo de Windows, Mac, Android e iPad
Precisa de rato
Ocupa 13 MB
Idiomas: Castelán, inglés, francés

Resulta un programa de manexo sinxelo adaptado ás características e necesidades de persoas con TEA. Resulta moi atractivo, seguro e intuitivo para calquera individuo. Hai unha aplicación chamada ZAC Picto destinada ás familias, educadores e terapeutas. Reduce o número de controis de interfaz de usuario e elimina o acceso á gran parte da web para simplificar e facilitar o movemento pola rede.

Este sistema de navegación está cargado de imaxes e vídeos para facilitar o seu uso. Os iconos cambian, mais sempre están na mesma orde de navegación, e non hai texto. Ten a posibilidade de interatuar directamente con moitas actividades e xogos. 


Podédelo descargar nesta ligazón: ZAC Browser

Uso das Pizarras Dixitais Interactivas

Se pulsades aquí poderedes ver o informe completo do proxecto.


luns, 10 de marzo de 2014

A nosa presentación

Aquí vos deixamos a nosa presentación do blog :

Presentación do blog

Se queredes escoitar a música de fondo da nosa presentación, da banda sonora da película de Amelié, pulsade aquí.



luns, 24 de febreiro de 2014

Webs institucionais do profesorado e alumnado (ligazóns)

Podemos destacar para o profesorado e para alumnado estas páxinas web, para ver o documento completo  pulsa aquí:

Junta de Extremadura

  CadernoVerde



Portais educativos do profesorado e do alumnado (ligazóns)

Podemos destacar para o profesorado e para alumnado estos portais educativos, para ver o documento completo con todas as páxinas pulsa aquí:

-          EducaMadrid




luns, 3 de febreiro de 2014

Aprendemos…

10% do que lemos,
20% do que oímos
30% do que vemos
50% do que vemos e oímos
70% do que discutimos con outras persoas
80% do que intentamos
95% do que ensinamos a outras persoas

Fonte: Ministerio de educación, cultura e deporte 

Eu de maior quero ser feliz.

"Cando eu tiña 5 anos,miña nai decíame que a felicidade era a clave da vida.
Cando fun á escola, preguntáronme que quería ser cando fora grande. Eu respondín: "Feliz". Dixéronme que non entendía a pregunta e eu lles respondín:"Vostedes non entenden a vida"
-John Lennon-



luns, 20 de xaneiro de 2014