Destacamos e deixamos o enlace dunha serie de programas educativos:
- Sebran’s ABC, deseñado por Marianne
Wartoft é un programa de distribución libre
Sebran ABC’s é un programa educativo destinado á infancia
dos primeiros cursos de Educación Primaria, deseñado coma complemento de repaso
no ámbito de lectura, matemática e memoria. Hai 12 diferentes
exercicios para divertirse aprendendo.
É compatible co sistema operativo de Windows.
Precisa de rato e teclado.
Ocupa 928 KB
Idiomas: Castelán, catalán, inglés, francés, alemán e moitos máis.
Este programa educativo é de manexo sinxelo, xa que non require de grandes coñecementos informáticos, tan só mover o rato ás imaxes e empregar o teclado. A apariencia é sinxela, ten imaxes e sons moi básicos que fan que sexa un programa claro. O sistema de acerto-erro baséase nun icono de cara sorrinte ou triste, a oportunidade de acertar é ilimitada, xa que podes intertar respostar ata que des coa opción correcta.
As actividades son bastante simples e concisas, aínda que posúen varios niveis de dificultade. Este programa esta dirixido a un só individuo e resulta un pouco repetitivo despois de utilizalo varias veces.
Podédelo descargar nesta ligazón: Sebran's ABC
- ZAC Browser, deseñado por People CD Inc. é un navegador de distribución libre.
ZAC Browser é un navegador adaptado especialmente para rapazas e rapaces co Trastorno do Espectro Autista (TEA). Permite o acceso a Internet de maneira sinxela e segura, limitando o contido deste e enfocándoo a contidos de interese coma xogos e actividades educativas.
Idiomas: Castelán, inglés, francés
Resulta un programa de manexo sinxelo adaptado ás características e necesidades de persoas con TEA. Resulta moi atractivo, seguro e intuitivo para calquera individuo. Hai unha aplicación chamada ZAC Picto destinada ás familias, educadores e terapeutas. Reduce o número de controis de interfaz de usuario e elimina o acceso á gran parte da web para simplificar e facilitar o movemento pola rede.
Este sistema de navegación está cargado de imaxes e vídeos para facilitar o seu uso. Os iconos cambian, mais sempre están na mesma orde de navegación, e non hai texto. Ten a posibilidade de interatuar directamente con moitas actividades e xogos.
Podédelo descargar nesta ligazón: ZAC Browser
ZAC Browser é un navegador adaptado especialmente para rapazas e rapaces co Trastorno do Espectro Autista (TEA). Permite o acceso a Internet de maneira sinxela e segura, limitando o contido deste e enfocándoo a contidos de interese coma xogos e actividades educativas.
É compatible co sistema operativo de Windows, Mac, Android e iPad
Precisa de rato
Ocupa 13 MB
Resulta un programa de manexo sinxelo adaptado ás características e necesidades de persoas con TEA. Resulta moi atractivo, seguro e intuitivo para calquera individuo. Hai unha aplicación chamada ZAC Picto destinada ás familias, educadores e terapeutas. Reduce o número de controis de interfaz de usuario e elimina o acceso á gran parte da web para simplificar e facilitar o movemento pola rede.
Este sistema de navegación está cargado de imaxes e vídeos para facilitar o seu uso. Os iconos cambian, mais sempre están na mesma orde de navegación, e non hai texto. Ten a posibilidade de interatuar directamente con moitas actividades e xogos.
Podédelo descargar nesta ligazón: ZAC Browser
Ningún comentario:
Publicar un comentario