E a continuación uns datos interesantes sobre o vídeo:
O autor deste vídeo educativo, emitido no ano 2005, é Walter Tournier.
Os contidos que trata este vídeo, dirixido a un público infantil, son sobre o Coñecemento do medio natural, social e cultural e a Música.
RELEVANCIA DA INFORMACIÓN: A relevancia deste vídeo é a
concienciación sobre a importancia da auga, polo que mediante a
información que reciben os nenos e nenas a través deste vídeo chegarán a
plantexarse o uso que fan da auga e como poderán melloralo sen necesidade de
malgastala. Tamén se consigue que se den conta que a auga pode chegar un
punto no que se agote, fenómeno que seguramente non se tiveran plantexado antes.
VALORACIÓN DA BANDA VISUAL: Os persoaxes do vídeo, así como
todo o que os rodea, excepto a auga que é de verdade, son feitos con plastilina. Ainda que sexan muñecos animados de plastilina representan unha
realidade, coa que os nenos y nenas se poden sentir identificados na súa vida cotiá.
VALORACIÓN DA BANDA SONORA: A canción do vídeo ten unha
letra directa que é fácil de comprender, ademais de pegadiza, isto tamén é debido aos instrumentos que a acompañan, instrumentos de percusión e unha
guitarra, tendo como resultado unha canción con ritmo latino.
VALORACIÓN DA RELACIÓN IMAXE/SON: A relación entre a imaxe e o son (a canción) é directa, xa que moitas
veces non somos conscientes da importancia que ten a agua e ás veces malgastamola, moitas veces coa inocencia dun neno, como se mostra no vídeo.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA: Este vídeo forma parte dunha
serie de once vídeos sobre os dereitos
do neno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario