"Las tecnologías digitales son un hecho inseparable de la vida moderna. No podemos abandonar los medios y las tecnologías digitales en educación y volver a un tiempo más simple y más natural." ( David Buckingham)
Cómpre incorporar as TIC na aula para non
desligar a escola cos avances da sociedade, teñen que adaptarse simultaneamente
para que haxa un equilibrio sostible. Non se pode entender o mundo de hoxe sen
unha pequena cultura informática. Estas tecnoloxías tamén aportan un alto
incentivo para o alumnado, xa que poden facer a materia máis interactiva e
atractiva, se se lle da un bo uso. É fundamental ensinar un adecuado manexo de
esta para o emprego día a día dentro e fóra da escola. Mais esta incorporación
non pode ser substitutoria, non nos podemos esquecer de seguir empregando
outras ferramentas. Co emprego das TIC, pretendemos que os individuos alcancen
o empoderamento a través dunha autoformación ao longo da vida.